InicioOrientalRibadeoAPAGA comparte experiencias nun encontro sobre emprego e inclusión celebrado en Lituania

APAGA comparte experiencias nun encontro sobre emprego e inclusión celebrado en Lituania

Nestes encontros participan un total de 15 persoas pertencentes a outros socios que traballan neste proxecto europeo de países como Turquía, Croacia, Italia, Lituania ou Romanía.

Publicada o

- Advertisement -

Unha representación de Apaga atópase estes días en Kaunas, en Lituania, participando nunha xuntanza de traballo do proxecto europeo Inclusion and Employability Through Electric Vehicles Tecnology.

Nese país atópanse o presidente de Apaga, Álvaro Doural, e a responsable de proxectos europeos da asociación, Sandra Gómez. Nestes encontros participan un total de 15 persoas pertencentes a outros socios que traballan neste proxecto europeo de países como Turquía, Croacia, Italia, Lituania ou Romanía. Durante a súa estadía en Lituania achegáronse a empresas do sector da automoción e a centros de ensino nos que se imparten estas materias.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...