InicioCulturaO mural 'Estampas do Retorno' xa se pode ver en Ribadeo na...

O mural ‘Estampas do Retorno’ xa se pode ver en Ribadeo na Praciña da Fonte Nova

'Estampas do retorno' é un novo traballo do afamado artista de orixe ribadense Joseba Muruzábal.

Publicada o

- Advertisement -

A emigración é a protagonista do mural que se pode ver xa na praciña da Fonte Nova, en Ribadeo. Estampas do retorno é un novo traballo do afamado artista de orixe ribadense Joseba Muruzábal.

Ao acto de inauguración asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Medio Ambiente, Cultura e Turismo, Jorge Díaz, Pilar Otero e Pablo Vizoso, ademais do xerente de Acisa, Jesús Pérez. O mural é unha das actividades das vésperas do Ribadeo Indiano, que arrincará mañá, venres, e se prolongará ata o vindeiro domingo, 10 de xullo.

Joseba Muruzábal, de nome artístico JOSEBA MP, é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e hoxe en día é un dos máximos expoñentes deste tipo de traballos artísticos e os seus deseños xa os hai en moitas vilas. En Ribadeo participou en tres edicións de Mariñarte, a mostra de arte contemporánea que amosou durante anos os traballos de artistas mozos da comarca.

Este artista é autor do grande mural, que está situado na confluencia da Avenida de Galicia coa rúa Daniel Cortezón, co que Concello quixo no seu momento render homenaxe a Concha, unha veciña de Ove de 90 anos, que leva toda a vida traendo os produtos da súa horta ao mercado de Ribadeo, e tamén ao comercio de proximidade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...