InicioOrientalRibadeoRibadeo, centro loxístico dunha banda internacional adicada ao roubo de caixeiros con...

Ribadeo, centro loxístico dunha banda internacional adicada ao roubo de caixeiros con explosivos

Atribúenlle 22 ataques en Europa, sete deles contra bancos españois do noroeste peninsular.

Publicada o

- Advertisement -

Garda Civil participou nunha operación desenvolvida en España, Romanía e Bélxica contra a organización “máis activa” en Europa dedicada ao roubo de caixeiros bancarios automáticos utilizando artefactos explosivos con pólvora negra. Hai sete detidos por 22 ataques desde 2019 en diferentes países europeos, sete deles en pequenos municipios do noroeste español grazas a unha base loxística instalada en Ribadeo.

Entre os arrestados está un dos líderes deste grupo delituoso, de orixe romanesa, que contaba con gran experiencia na manipulación de sustancias explosivas. A banda usaba pólvora negra que introducían en España desde terceiros países e os últimos rexistros realizáronse hai dúas semanas, segundo sinalan fontes da Garda Civil.

A Garda Civil atribúelle ao grupo sete asaltos a entidades bancarias en España e outros 15 en España, Suíza, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo e Francia, cun importe superior ao millón e medio de euros subtraídos. Tamén se esclareceron 18 delitos relacionados co roubo de vehículos e outros roubos con forza en distintas empresas españolas, cometidos de maneira simultánea aos delitos principais.

CÉLULAS OPERATIVAS ITINERANTES

A organización actuaba no noroeste peninsular usando células operativas itinerantes, tendo en Ribadeo unha rama loxística. En outubro, de feito, fontes da Garda Civil xa adiantaron que neste municipio galego detívose a dúas persoas e outro tres en Oviedo. Os axentes detectaron que querían actuar por localidades cántabras e asturianas, fixando finalmente o seu seguinte obxectivo en San Claudio (Oviedo).

Neste municipio os integrantes da banda foron detidos tras subtraer un vehículo dun concesionario, desprazándose seguidamente ao obxectivo seleccionado para, tras atacar un caixeiro, fuxir do lugar cun botín de 48.000 euros. Estes arrestados da considerada como a célula máis perigosa derivou noutras detencións en Torrejón de Ardoz (Madrid), así como en Bélxica e Romanía.

A investigación constatou que a organización elexía preferentemente caixeiros automáticos das localidades con menor vixilancia policial e con acceso rápido a grandes vías de comunicación para facilitar a súa fuxida. Os presuntos delincuentes, ademais, abandonaban con frecuencia o país onde cometeran o roubo unha vez levado a cabo.

Entre o material intervido, por exemplo en Torrejón de Ardoz, destacan pezas de uniformidade das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como fundas de chalecos antibalas. Tamén se incautou de medios técnicos de balizamento moi avanzados ou cámaras IP preparadas para ocultar en medios encubertos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...