InicioCentralBurelaBurela reparte cinseiros ecolóxicos nunha campaña contra as cabichas de cigarros nas...

Burela reparte cinseiros ecolóxicos nunha campaña contra as cabichas de cigarros nas praias

As monitoras da aula Gaia instalaron na praia do Portelo un stand informativo co obxectivo de concienciar aos usarios e usarias das praias a preservar a limpeza dos espazos públicos, evitando a contaminación.

Publicada o

- Advertisement -

A Ocioteca de Verán do Concello de Burela vén de realizar unha campaña de concienciación social sobre o problema das cabichas do tabaco nas praias do municipio pola contaminación que xeneran tanto nas augas do mar como na fauna autóctona.

As monitoras comezaron explicando aos nenos e nenas da Ocioteca o impacto das cabichas nos areais, que supoñen máis do 30% dos desperdicios. Desprazáronse á praia do Ril (praia sen fume) para falar sobre a contaminación que deixan no mar, pois os compoñentes tóxicos das cabichas con substancias químicas moi nocivas libéranse ao contactar coa auga, cuns efectos devastadores sobre o medio ambiente. Tamén afectan á fauna, posto que as plantas absorben os materiais que desprenden, perxudicando asemade a aves e peixes.

Os máis pequenos aprenderon que os restos do tabaco teñen ata 400 compoñentes tóxicos que contaminan o medio, polo que é imprescindible non tiralos ao chan. Coa axuda de fotografías de praias ateigadas de cabichas comprenderon a grave problemática que supón, especialmente nos espazos próximos ao mar.

Por outra banda, as monitoras de Gaia instalaron na praia do Portelo un stand informativo co obxectivo de concienciar aos usarios e usarias das praias a preservar a limpeza dos espazos públicos, evitando a contaminación. Repartiron tanto no Portelo como na Marosa uns cinceiros ecolóxicos para evitar que as persoas adultas tiren as cabichas do tabaco ao areal, mar ou paseo. Despois, deixaron estes cinceiros nos postos de socorrismo para aquelas persoas que se queiran facer con un.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...