InicioOccidentalViveiroAseos portátiles para o XIII Mercado Renacentista de Viveiro

Aseos portátiles para o XIII Mercado Renacentista de Viveiro

A cita conta cunha ampla oferta de actividades para todas as idades e gustos, polo que se agarda que sexan moitos os veciños e veciñas e visitantes que nestes días se acheguen a disfrutar desta histórica cita.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa que, con motivo da celebración do XIII Mercado Renacentista, se instalaron varios baños portátiles nos Xardíns Noriega Varela. Ademais, abriranse os aseos do Templete da Música, para que poidan ser utilizados por persoas con mobilidade reducida. Estes servizos estarán habilitados dende hoxe, venres 8, e ata o domingo 10 de xullo.

Doutra banda, algúns establecementos de hostalería que celebran comidas cun número considerable de comensais tamén instalarán baños portátiles. Dende o Concello indícase que haberá polo tanto aseos suficientes para manter Viveiro limpo.

Viveiro retoma estes días o seu tradicional Mercado Renacentista, despois de dous anos de parón por mor da pandemia. A cita conta cunha ampla oferta de actividades para todas as idades e gustos, polo que se agarda que sexan moitos os veciños e veciñas e visitantes que nestes días se acheguen a disfrutar desta histórica cita.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...