InicioPolíticaCervo aumenta en 120.000 euros os investimentos reais previstos nos orzamentos

Cervo aumenta en 120.000 euros os investimentos reais previstos nos orzamentos

O goberno local redactou a previsión dos presupostos para 2019, que ascenden a 7,11 millóns

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, informou de que están redactados os orzamentos previstos para o ano 2019 e de que foi convocada a mesa de negociación, paso previo para o seu debate no pleno municipal.

O rexedor precisou que os presupostos ascenden a 7.115.000 euros e destacou o incremento na partida de investimentos reais, que aumenta en 120.000 euros para superar o millón.

ABASTECEMENTO E SANAMENTO

Villares asegurou que o goberno local prevé investir en “infraestruturas esenciais que moitas veces non se ven”, tales como “melloras na rede de abastecemento e no achegamento do saneamento aos núcleos rurais, coas que tentamos favorecer o asentamento de nova poboación nas nosas aldeas”.

OUTRAS PARTIDAS

A dinamización das actividades culturais e deportivas -con subvencións directas para as asociacións e clubs-, a educación -axudas ao transporte, para centros e Anpas-, os servizos sociais -con fondos tanto para a súa xestión directa como para a colaboración con organizacións- ou o turismo protagonizarán partidas incluídas nos orzamentos polo goberno local.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...