A Mariña Lucense estará en alerta de nivel laranxa desde o mediodía deste xoves por temporal costeiro.
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia activou o aviso laranxa, que implica que existe un risco meteorolóxico importante con fenómenos non habituales e certo grado de perigo para as actividades usuais, para todo o litoral galego.
A alerta por temporal costeiro activarase na provincia da Coruña na tarde do mércores e A Mariña permanecerá en aviso amarelo desde as 06.00 ata as 12.00 horas do xoves, cando a advertencia cambiará de nivel.
No tocante á ondada, o prognóstico de MeteoGalicia para entón será de ondas de cinco a sete metros.
Ademais, activarase o aviso amarelo en toda a bisbarra por refachos de forte vento superiores aos 80 quilómetros hora, que permanecerá activo ata as 3.00 horas da madrugada do venres.
ACONSELLAN A SUSPENSIÓN DA PESCA
Por mor do temporal, a Xunta aconsella a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras como medida preventiva nas zonas máis perigosas.