InicioOccidentalViveiroViveiro presenta o cartel das súas festas patronais deseñado por unha pintora...

Viveiro presenta o cartel das súas festas patronais deseñado por unha pintora local

A autora foi Oliva Díaz Mejuto sinalou: "Espero que o deseño lles guste tanto a adultos como á rapazada xa que supón unha homenaxe ao meu querido Viveiro, ás súas xentes e tradicións”.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro e a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, presentaron esta mañá o cartel das Festas Patronais deste ano, xunto á artista encargada do deseño, Oliva Díaz Mejuto.

Como cada ano, o Concello de Viveiro encarga o deseño do cartel a un artista local, co obxectivo de fomentar o talento artístico do municipio. Neste ano a pintora Oliva Díaz Mejuto, foi a responsable do cartel.

“O deseño de Oliva transmite sen dúbidas o espírito das nosas festas, cuxo programa completo detallaremos proximamente. De momento, xa anunciamos o concurso de karaoke, Viveiro Canta; o desfile dos cabezudos e mais o concerto de Mikel Erentxun”, recorda a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

Pola súa banda, a concelleira de Cultura recorda que esta iniciativa “pon en valor aos artistas locais, para que cada un mostre a súa visión desta cita”. Ademais, “no deseño deste ano, reivindícanse os cabezudos, tan ansiados polos nenos e nenas e que todos recordamos da nosa infancia”, engade a concelleira.

Pola súa banda, Oliva Díaz Mejuto expresou que o deseño do cartel supoñía unha importante responsabilidade, ademais dunha gran honra. Segundo a deseñadora do cartel, “os xigantes e cabezudos, en primeiro plano, son o símbolo de Viveiro en festas e unha homenaxe ás familias; no fondo, unha vista da Praza Maior, que é o centro dos actos festivos; tamén aparece a Biblioteca Municipal no centro, en cuxo balcón se da o pistoletaxo de saída ás festas”.

Respecto da cor, as protagonistas do cartel son as cores primarias, que caracterizan a obra desta pintora, outorgándolle luz e cor, cun carácter festivo. “Espero que o deseño lles guste tanto a adultos como á rapazada xa que supón unha homenaxe ao meu querido Viveiro, ás súas xentes e tradicións”, finaliza a artista.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...