InicioCentralBurelaA carreira 'Burela Bonita' disputarase este vindeiro sábado nun circuíto urbano para...

A carreira ‘Burela Bonita’ disputarase este vindeiro sábado nun circuíto urbano para o que se cortarán algunhas rúas

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, subliñou que a carreira “volverá con moita participación, xa temos 200 inscritos, unha cuestión importante para o fomento do deporte en todas as idades, desde os máis pequeniños ata os adultos afeccionados neste caso ás carreiras populares”.

Publicada o

- Advertisement -

A concellería de Deportes lembra que este sábado 30 de xullo terá lugar a sexta edición da Carreira Popular “Burela Bonita”, a partir das 19 horas con saída e meta na Praza da Mariña.

A competición realizarase sobre un circuíto urbano pechado á circulación de vehículos, tendo que percorrer 100 metros a categoría de Pícaros, 650 metros os Benxamíns, 1200 metros Alevíns, 1799 metros Infantís e Cadetes.

A competición absoluta será de 5000 metros, que os e as participantes deberán percorrer nun máximo de 50 minutos. O sistema de cronometraxe da proba será mediante chip, publicándose a clasificación oficial os días posteriores ao evento na páxina web runfozrun.com. ou championchipnorte.com ata mañá mércores 27 de xullo ás 23:59 horas.

Polo tanto, pecharanse ao tráfico de vehículos durante a carreira (de 19 a 21 horas aproximadamente) as rúas Castelao, Manuel Murguía, Curros Henríquez, Leandro Cucurny, rúa da Lamestra, Avda da Mariña, Estrada da Marosa e Travesía do Porto, podendo sufrir algún corte as rúas aledañas.

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, subliñou que a carreira “volverá con moita participación, xa temos 200 inscritos, unha cuestión importante para o fomento do deporte en todas as idades, desde os máis pequeniños ata os adultos afeccionados neste caso ás carreiras populares”, que permitirá “desfrutar a todo o público e tamén aos participantes dun evento deportivo que conta xa a súa sexta edición”. Ademais, pediu “colaboración para respectar os cortes de tráfico e garantir a seguridade dos corredores”.

Todas as persoas participantes levarán de agasallo unha camiseta conmemorativa e avituallamento ao finalizar o evento. Entregaranse trofeos aos tres primeiros clasificados, masculino e feminino, de cada categoría, agás na de Pícaros que levarán medalla todos por ter participado.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...