InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo asina os convenios das escolas deportivas de verán...

O Concello de Ribadeo asina os convenios das escolas deportivas de verán nas que participan 80 nenos e nenas

O alcalde, Fernando Suárez, engadiu que “prestamos esta función social desde o Concello, coa axuda destas asociacións deportivas, e nosoutros queremos gratificarlles cunha achega económica”.

Publicada o

- Advertisement -

O salón de plenos do Concello acolleu a sinatura dos convenios das escolas de verán. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Juan Calvo-Sotelo, o secretario do Club de Piragüismo Altruán, José Ángel Fernández, o presidente de Hola Ola Surf Club, David Martínez, e o presidente da asociación de pesca deportiva Cormorán, Julián González. Xunto a eles estivo tamén o técnico municipal de Deportes, Iván López.

O rexedor declarou que “estamos neste acto de sinatura dos convenios das escolas deportivas de verán, nas que este ano participan uns 80 nenos e nenas, fundamentalmente de Ribadeo, nas especialidades de pesca deportiva, de piragüismo, de surf e de vela. É unha iniciativa coa que estamos moi agradados”.

Suárez Barcia subliñou que “desde o Concello de Ribadeo no mundo deportivo temos unha especial acción no inverno con todas as escolas deportivas, pero estamos potenciándoas tamén no verán, con estas especialidades que principalmente se fan durante xullo e agosto. A vela está tendo un rexurdir importante; pesca deportiva, que é a primeira vez que a temos, tamén conta cun número importante de nenos; e logo piragüismo e surf, que xa son máis estables ao longo do tempo e tamén teñen un boa resposta”.

O alcalde engadiu que “prestamos esta función social desde o Concello, coa axuda destas asociacións deportivas, e nosoutros queremos gratificarlles cunha achega económica”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...