InicioOrientalRibadeoRibadeo entrega os diplomas do obradoiro dual de emprego 'Prepara o teu...

Ribadeo entrega os diplomas do obradoiro dual de emprego ‘Prepara o teu Camiño’

O alcalde, Fernando Suárez, indicou que “o traballo realizado nos vai servir para mellorar como estamos mellorando nestes últimos anos en políticas de turismo".

Publicada o

- Advertisement -

O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a entrega de diplomas aos participantes no obradoiro dual de emprego ‘Ribadeo prepara o teu Camiño’, que se desenvolveu entre o 15 de outubro de 2021 e o 14 de xullo deste 2022. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Vizoso Galdo lembrou que “o obxectivo principal deste obradoiro foi o de contribuír a mellorar a ocupabilidade dos seus 20 alumnos – traballadores, que ata a súa incorporación ao proxecto se atopaban en situación de desemprego”. E subliñou: “tratouse dunha programación dirixida á obtención dun certificado de profesionalidade na especialidade formativa de Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos e na especialidade de Xestión de marketing e comunicación”.

O concelleiro ribadense dixo que “o alumnado deseñou unha aplicación para a distribución e comercialización do paquete de servizos e produtos para o peregrino; deseñou, planificou e desenvolveu diferentes produtos audiovisuais; deseñou unha estratexia de marketing e comunicación dixital para reforzar a marca Ribadeo alén do Camiño e desenvolveu o programa Ribadeo prepara o teu camiño”.

E engadiu: “este obradoiro dual de emprego ven pechar unha liña de traballo impulsada desde o Concello de Ribadeo hai catro anos e que buscaba promocionar e poñer en valor o Camiño de Santiago ao seu paso por Ribadeo co fin de consolidar ao municipio como a porta de entrada do Camiño Norte”.

O alcalde, Fernando Suárez, indicou que “o traballo realizado nos vai servir para mellorar como estamos mellorando nestes últimos anos en políticas de turismo. Outros compañeiros vosos, noutros obradoiros, fixeron traballos en orixe para captar a atención dos que poderían vir velos, e vosoutros facédelo en destino, para que non se perdan, para que queden agradados, para que vexan onde hai iniciativas, que se pode ver, que se pode facer, e todo isto fóstelo facendo vosoutros e é algo que vai quedar”.

O rexedor manifestou: “supoño que algúns de vós teriades algo de experiencia nisto, para outros sería algo totalmente diferente, pero que seguramente puidéstesvos reciclar, abrir a mente a outro tipo de destinos profesionais, laborais, non sei si agora algún de vós faredes unha inmersión laboral noutro tipo diferente pero en todo caso, fagades o que fagades, espero que isto vos servira. Así que agardamos que vos vaia moi ben e aproveitade toda esta formación e toda esta titulación que levades”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...