InicioCentralBurelaNenos e nenas de Burela aprenden a recoñecer as características da flora...

Nenos e nenas de Burela aprenden a recoñecer as características da flora litoral do concello

Os obxectivos principais foron os de coñecer a importancia da flora para a contorna, aprender a identificar e coñecer as especies, así como as características das máis comúns, e tamén identificar aquelas invasoras e o seu impacto sobre o medio.

Publicada o

- Advertisement -

As nenas e nenos da Ocioteca de Verán do Concello de Burela realizaron hoxe unha saída á praia do Portelo coas monitoras de Gaia para realizar unha actividade de campo observando e aprendendo as características da flora do litoral burelés, que reflectiron nos seus “cadernos de campo”.

Os obxectivos principais da saída foron os de coñecer a importancia da flora para a contorna, aprender a identificar e coñecer as especies, así como as características das máis comúns, e tamén identificar aquelas invasoras e o seu impacto sobre o medio.

Durante o traxecto polo paseo marítimo, monitoras e pequenos realizaron varias paradas para observar de preto as plantas que se encontraban ao seu paso. A actividade desenvolveuse en dúas partes, por unha banda deron a teoría sobre a importancia da flora, nome común e técnico das distintas plantas, características, usos, curiosidades, diferenza entre as invasoras e as especies autóctonas, e por outra banda, elaboraron un pequeno caderno de campo con fotografías e características.

Este obradoiro forma parte do programa de educación ambiental Bandeira Azul no que participa o Concello de Burela, co obxectivo de organizar distintas actividades relacionados co cambio climático, a perda da biodiversidade e a contaminación, facendo fincapé na educación medioambiental dos máis pequenos e o coñecemento do territorio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...