InicioEconomíaCheo na homenaxe a Víctor Moro, o empresario e político que axudou...

Cheo na homenaxe a Víctor Moro, o empresario e político que axudou a construír o presente de Galicia

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo rendeu homenaxe a Víctor Moro cun acto no Teatro, que se encheu de familiares, amigos, veciñas e veciños. Antón Costas Comesaña, Lourenzo Fernández Prieto e Bieito Rubido Ramonde moderados polo alcalde, Fernando Suárez Barcia, destacaron a súa paixón por Galicia e, especialmente, por Ribadeo, así como pola familia e polas súas amizades e tamén a importancia da súa figura no panorama político e económico do país.

Os poñentes subliñaron que Víctor Moro foi o primeiro deputado que pediu a autonomía para Galicia nos tempos da transición e quen desafiou e gañou a proposta para que Galicia debera ser recoñecida na constitución como nacionalidade histórica ao mesmo nivel que Euskadi ou Cataluña.

Homenaxe a Víctor Moro en Ribadeo / Remitida

No eido empresarial aludiron ao seu paso pola dirección económica de Pescanova, que conseguiu aló polos anos 60 e 70 que fose a empresa pesqueira máis importante de Europa. O acto rematou coa proxección dun vídeo resumo dunha entrevista realizada a Víctor Moro, quen fora fillo predilecto de Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...