Unha ovella morta e colgada do tendido eléctrico apareceu este sábado na estrada LU-540 (Viveiro-Cabreiros), á altura de Cabalar, no concello de Ourol, e a uns 500 metros do núcleo urbano. Deste suceso deu conta na tarde do sábado a rede Social Drive a través de Twitter, onde os condutores se informan a tempo real de controis, radares e outras incidencias.
Trátase da terceira vez que colgan unha ovella morta no municipio de Ourol. Aconteceu anteriormente en xullo de 2021 e tamén a mediados do mes pasado nunha ponte en Merille. Desa vez, ao carón do cadáver do animal podían lerse as palabras “Perigo lobo”. Así, todo apunta a que se trata dunha forma de protesta ante os ataques destes animais.
Con todo, neste último caso ningún símbolo ou pintada vincula o suceso, que chamou a atención dos condutores que pasaban pola estrada, a algún tipo de reivindicación. Pénsase que quen colgou o animal tivo que facelo na madrugada do sábado coa axuda dalgún tipo de vehículo co que elevar e enganchar o cadáver polas patas traseiras aos cables do tendido eléctrico.
Una oveja colgada de unos cables eléctricos encima de la carretera
📹 #LU540 Lugo – Viveiro pic.twitter.com/TrbUgYIyf3
— SocialDrive (@SocialDrive_es) August 20, 2022