InicioOccidentalCervoO PP demanda ao Goberno máis axudas para Alcoa

O PP demanda ao Goberno máis axudas para Alcoa

Poñen a Alemaña como exemplo de país que xa concedeu esas subvencións.

Publicada o

- Advertisement -

O PP move ficha en prol da “supervivencia” da fábrica de Alcoa. Segundo explican dende a formación, e “ante a pasividade do Goberno central na adopción de medidas para permitir a viabilidade da industria electrointensiva”, o Grupo Parlamentario Popular demandará no Parlamento de Galicia adoptar medidas por parte do Executivo de Pedro Sánchez, tomando como exemplo os plans autorizados pola Comisión Europea a outros estados membros da UE, como Alemaña, Holanda ou Finlandia, en favor de empresas de gran consumo enerxético.

Así mesmo, solicita na iniciativa parlamentaria avanzar na tramitación do PERTE anunciado polo Goberno para á descarbonización da industria electrointensiva, concretando prazos e os programas a impulsar no marco dunha “cogobernanza real e efectiva”. Ademais, inciden dende a formación, esta “solicita explorar o deseño de mecanismos de colaboración análogos ao asinado con ArcelorMittal co fin de apoiar o futuro da plan de Alcoa en San Cibrao”.

AXUDAS ECONÓMICAS EN EUROPA

A voceira de Industria, Marta Nóvoa, apuntou a Alemania como exemplo, subliñando que o país xermano “ten autorizado 27.500 millóns de euros para o período 2021-2030 co fin de compensar o 75% dos custos indirectos de emisión incorridos en favor de empresas en sectores con risco de fuga de carbono”.

Esta axuda, explican, súmase á aprobada en xullo por 5.000 millóns de euros ao abeiro do Marco Temporal de Crise, polo que a axuda global aos grandes consumidores de enerxía que sufran perdas de explotación en Alemaña poderán chegar ata o 50% dos custos subvencionables, e incluso ao 70% para aqueles que operen en sectores ou subsectores especialmente afectados pola situación da economía tras a agresión contra Ucraína por parte de Rusia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...