InicioCulturaBarreiros, capital da cultura urbana da Mariña

Barreiros, capital da cultura urbana da Mariña

Organiza Son Urbán, unha xornada para dar a coñecer a cultura urbana este venres, 2 de setembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros organiza Son Urbán, unha xornada para dar a coñecer a cultura urbana. Unha novidosa cita aberta a todo tipo de públicos que terá lugar na Praza do Souto, en San Miguel de Reinante, o vindeiro venres día 2 de setembro e convertirá a Barreiros na caital da cultura urbana da Mariña.

O obradoiro de Parkour comezará ás 15.00 horas e contará con cubos de distintas alturas, traveseiros unindo os mesmos, pirámides, barras e diferentes obxectos para conformar un parque de Parkour totalmente estable, antiesvaramentos e con cantos redondeados para unha maior seguridade. A mocidade que desexe iniciarse nesta disciplina ou simplemente sinta curiosidade pola mesma, estará acompañada coa música do Dj Ze Pequeno, especialista nos ritmos máis globais mesturados coa electrónica.

Xa ás 20 horas, ao rematar o taller de parkour, seguirá a festa con Mr. Fishman, Dj Lucense, con ampla traxectoria a nivel nacional e internacional e que realizará unha sesión freestyle de música negra. De seguido actuará Soulmacklein, compoñente do reputado grupo de rap Delahoja, que fará un directo do seu proxecto de música reggae acompañado pola súa banda.

O broche final a esta festa da cultura urbana correrá a cargo dun dos máximos expoñentes da música House en Galicia, Kiko Ron (promotor do festival de Foz Tentacle), que fará unha sesión 100% en vinilo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...