InicioDeportesViveiro elixida sede do XXXI Campionato de España de fotografía submarina sen...

Viveiro elixida sede do XXXI Campionato de España de fotografía submarina sen botella de osíxeno

A competición terá lugar na contorna da Insua de Area, que é unha zona protexida, de gran valor ecolóxico e grande biodiversidade, integrada dentro do espazo da Rede Natura 2000.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro será o escenario do XXXI Campionato de España de Caza Fotosub Apnea, que terá lugar do 8 ao 11 de setembro, organizado pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas e coa colaboración do concello.

Na presentación da proba, celebrada esta mañá no concello, a alcaldesa, María Loureiro, destacou que “para Viveiro é unha honra acoller unha proba deportiva destas características e contribuír a difundir e promover a Caza Fotosub Apnea, que é unha actividade subacuática bastante recente e pouco coñecida aínda na nosa comunidade”.

Ao longo dos vindeiros días, os veciños de Viveiro terán a oportunidade de achegarse un pouco máis a esta modalidade deportiva, que consiste en fotografiar o maior número de especies de peixes no transcurso da competición.

Para isto, os deportistas dispoñen dun tempo de cinco horas para realizar as capturas fotográficas, a pulmón libre e no seu medio natural, e dun espazo de tempo posterior, entre 3 e 5 horas, para identificar as especies e seleccionar as imaxes que cada participante presentará ao xurado.

A competición terá lugar na contorna da Insua de Area, que é unha zona protexida, de gran valor ecolóxico e grande biodiversidade, integrada dentro do espazo da Rede Natura 2000.

“Sen lugar a dúbidas, un lugar único para captar a gran variedade de especies de peixes das nosas augas e na que destacan os seus magníficos fondos, que contribuirán a dar unha maior vistosidade ás fotografías”, engadiu a alcaldesa de Viveiro.

Ademais da súa repercusión turística e mediática, a celebración deste Campeonato de España permitirá dispoñer dunhas imaxes de altísima calidade que contribuirán a un mellor coñecemento e divulgación do estado e variedade dos fondos mariños.

“Por todo isto, para nós é un pracer colaborar, unha vez máis, nesta interesante actividade desenvolta pola Federación Galega de Actividades Subacuáticas, e continuar traballando xuntos na defensa e promoción da riqueza da nosa ría”, rematou Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...