InicioCentralFozO BNG de Foz denuncia que Educación non autorizou o ciclo de...

O BNG de Foz denuncia que Educación non autorizou o ciclo de FP Dual de Turismo

Os nacionalistas de Foz denuncian que en educación infantil hai nenos e nenas en listas de agarda a pesar de contar no edificio da Galiña Azul de espazo infrautilizado.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Foz sinala que a Consellería de Educación non autorizou a creacíón do ciclo de Turismo de FP Dual no IES da localidade. Nunha nota publicada este xoves, os nacionalistas focegos  apuntan que durante o pasado mes de abril conseguírase a aprobación do pleno municipal ás xestións da equipa directiva do IES para implantar o ciclo de FP Dual de Turismo no centro. Segundo o comunicado do BNG, a Consellaría de Educación finalmente non autorizou a creación deste ciclo.

Ademais, o BNG denuncia a perda de 6 docentes con respecto ao cadro de persoal do centro o pasado curso. Todo isto acontece “cando nos orzamentos de 2022 as partidas destinadas ao ensino privado subvencionado (concertado), suben oito millóns de euros, alcanzando os 333,3 millóns”. Na nota de prensa o BNG de Foz apunta que en 2019 a suba foi de 19 millóns de euros máis para o ensino concertado.

Por outra parte, en educación infantil denuncian que novamente hai nenos e nenas en listas de agarda “a pesar de contar no edificio da Galiña Azul de espazo infrautilizado po lo desinterese da Consellería”. Xunto a isto denuncian a posibilidade de pechar o ciclo de adultos que “finalmente non foi executado mais que foi anunciado po la inspección segundo puido saber o BNG de Foz”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...