InicioOccidentalCervoCervo presume de "praias sen fume" logo de recibir o diploma que...

Cervo presume de “praias sen fume” logo de recibir o diploma que o vincula á rede de areais libres de tabaco

O diploma recibido acredita a aqueles concellos que teñen polo menos a metade das súas praias declaradas sen fume.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, recibiu en Baiona de mans do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, o diploma que acredita a pertenza do municipio á Rede Galegas de Praias sen fume.

Esta iniciativa, na que está integrados os areais de O Torno, Cubelas e A Caosa -de San Cibrao- e a praia de Rueta -de Cervo- busca sensibilizar sobre a importancia de promocionar unha vida sen tabaco e contribuír a desnormalizar o consumo desta substancia nos espazos públicos.

Praias sen Fume non ten un fin recadatorio, senón educativo, de promoción da saúde e de sensibilización, sendo o seu cumprimento voluntario.

Administración autonómica e concellos suman forzas para afondar na idea de que para gozar dun día de praia non fai falla fumar. A praia é un lugar lúdico para divertirse en familia, en parella, coa natureza, onde o fume de tabaco é totalmente prescindible.

O diploma recibido acredita a aqueles concellos que teñen polo menos a metade das súas praias declaradas sen fume. Pertencer á rede compromete ao Cervo incluír areais no censo oficial, colocar toda a sinalización e materiais de difusión facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública e desenvolver no concello actividades ou accións encamiñadas a lograr unha sociedade libre de tabaco e as iniciativas que axudas ao seu abandono.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...