InicioOrientalRibadeoA VIII Media Maratón de Ribadeo pecha as súas inscricións este martes

A VIII Media Maratón de Ribadeo pecha as súas inscricións este martes

O vindeiro 25 de setembro terá lugar a segunda edición do Orienta Ribadeo, unha actividade de aventura familiar e de balde. A inscrición estará aberta desde este luns e ata o 21 deste mes.

Publicada o

- Advertisement -

A celebración da VIII Media Maratón Ribadeo-As Catedrais terá lugar o vindeiro sábado, 17 de setembro. A inscrición para participar pecharase o martes día 13 de setembro.

A proba partirá das inmediacións do Concello e discorrerá por todo o litoral ribadense ata chegar á praia de Augasantas, onde estará instalada a meta e onde serán entregados os trofeos aos vencedores e vencedoras.

De momento son 630 as persoas inscritas, aínda que a cifra pode medrar un pouco máis, dado que a inscrición se pecha na xornada de mañá, martes.

Desde o Concello agradecen “o apoio de todos os colaboradores para que un ano máis, e xa van oito, a media maratón entre Ribadeo e As Catedrais se poida celebrar. E sobre todo temos que dar as grazas ao voluntariado porque son moi importantes no percorrido e sen os voluntarios e as voluntarias non poderíamos facer este evento, para o que necesitamos moita xente e moito apoio”.

E engaden que “esperamos que sexa unha gran fin de semana para o deporte, para gozar de Ribadeo, da súa paisaxe e da súa gastronomía. En definitiva, que este evento deportivo teña unha incidencia positiva e importante na economía local”.

ORIENTA RIBADEO

O vindeiro 25 de setembro terá lugar a segunda edición do Orienta Ribadeo, unha actividade de aventura familiar e de balde. A inscrición estará aberta desde este luns e ata o 21 deste mes. Desde a OMIX explican que “a empresa galega Territorio Comanche deseñou para o Concello esta actividade”.

Orienta Ribadeo terá lugar desde as 11.00 horas da mañá do domingo 25 de setembro. Os participantes deberán percorrer a pé unha distancia variable,  intentando localizar unha serie de puntos de control ou balizas e superando diversas probas, tanto físicas como de coñecemento. O tempo máximo para realizar a proba é de dúas horas e media e os equipos deberán acadar o maior número de puntos posibles decidindo libremente a orde de busca e o ritmo a seguir (andando ou correndo), non sendo obrigatorio o paso por todos eles, polo que a condición física ou idade non é o relevante, o importante é o factor estratéxico, a toma de decisións e o traballo en equipo.

Os equipos deberán estar formados por un mínimo de tres integrantes ata un máximo de cinco, e estableceranse dúas categorías: Xoves Castores (onde haxa unha persoa menor de 12 anos) e Explorers (todos maiores de 12 anos ). Todos os participantes recibirán o material necesario para a realización da proba, contarán con seguro de responsabilidade civil e de accidentes e faráselles entrega de avituallamento.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...