O cineasta xovense Xacio Baño presentará esta fin de semana nos Multicines de Viveiro -ademais de noutras once cidades galegas e en sete de fóra da comunidade- ‘Trote‘, a súa primeira longametraxe.
Tras pasar polos festivais internacionais de Locarno, en Suíza, e de San Sebastián, ‘Trote’ chega este venres a unha ducia de salas comerciais na lingua na que foi rodada, o galego.
Un “dilema ético” en relación ao eterno debate entre “instinto” e “razón”, exemplificado na relación entre o ser humano e os cabalos, é o eixo central de ‘Trote’.
Trátase, segundo o autor, dun “drama rural” que se escenifica no “ambiente opresivo” dunha aldea do interior de Galicia e que equipara a liberdade aos cabalos salvaxes da Rapa das Bestas.
PRESENTACIÓN
O director presentou este xoves en a película en Santiago de Compostela na compaña do produtor Sergio Frade (Frida Films), de Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e da actriz María Vázquez, que interpreta o papel protagonista.
Podes ler a nova completa en Galicia Confidencial.