O I Certame de Teatro Amador “Convida no Rural”, que organizan conxuntamente o Concello de Barreiros e o Colectivo Cultural Ollomao, celebrarase os días 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de outubro ás 19:30 horas. As persoas asistentes poderán gozar de balde das actuacións que se interpretarán.
8 outubro
Obra: Departamento de selección
Grupo: Disfunción continua (A Estrada)
Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
9 outubro
Obra: Crime desorganizado
Grupo: Agrupación teatral mariñá (Betanzos)
Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
15 outubro
Obra: El lazarillo de tormes
Grupo: El duende de lerma (Burgos)
Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
16 outubro
Obra: O muro
Grupo: Grupo humorístico Trípode (Alfoz)
Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
22 outubro
Obra: A pena do cú do mundo
Grupo: O Aturuxo de Melpómene-Carrachanacacha (Narón)
Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
23 outubro
Obra: Vivan os noivos
Grupo: A Adala (Fazouro)
Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
29 outubro
Obra: Es tu vida, húndela como tú quieras
Grupo: A cholón teatro (Manzanares El Real)
Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante
30 outubro
Obra: A derradeira bala
Grupo: Farándula Velutina (Corcubión)
Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme
O Certame repartirá 800 euros en premios mais diversos trofeos, como o premio especial do público, nunha gala que se realizará o domingo 6 de novembro nos Colexios Vellos de San Miguel e no que actuará o grupo de teatro Ollomao coa súa obra “O documento”.