InicioSucesosInhabilitan por un ano a un home que abusou dunha egua preñada...

Inhabilitan por un ano a un home que abusou dunha egua preñada en Vegadeo

O condenado introduciu o seu brazo nos xenitais do animal e causoulle un traumatismo vaxinal

Publicada o

- Advertisement -

Un home, J. A. M. C., foi condenado a un ano e un día de inhabilitación especial para o exercicio de calquera profesión que teña que ver con animais tras recoñecer que abusou dunha egua preñada en Vegadeo.

A vista oral ía celebrarse no Xulgado do Penal número 1 de Avilés, pero a Fiscalía e a defensa chegaron a un acordo de conformidade.

O fiscal aceptou rebaixar a pena, posto que en principio pedía para o acusado, que non tiña antecedentes penais, tres meses e un día de cárcere.

Os feitos sucederon, segundo o escrito da Fiscalía, o 17 de decembro de 2017 no lugar de Montouto.

SORPRENDIDO POLOS DONOS

O condenado introduciu de xeito brusco o seu brazo na vaxina do animal, que estaba en avanzado estado de xestación, causándolle un traumatismo vaxinal e desgarros na mucosa.

O agresor tiña os pantalóns baixados cando foi sorprendido polos propietarios do animal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...