InicioCulturaE Sabela cantará na final de OT... unha peza dunha autora da...

E Sabela cantará na final de OT… unha peza dunha autora da Mariña

A cantante de orixe ourolesa elixiu 'Tris Tras' de Marful, que liderara a focega Ugia Pedreira

Publicada o

- Advertisement -

Sabela Ramil, a vocalista de orixe ourolesa que se fixo un oco entre os cinco finalistas de Operación Triunfo (OT) 2018, manterá na final a súa aposta polo galego.

Despois de interpretar ‘Benditas feridas‘ e ‘Negro caravel‘, a cantante pontesa elixiu para a gala 13, a decisiva, un tema do grupo Marful, ‘Tris Tras‘.

As reaccións á elección da vocalista galega non se fixeron esperar. A autora da peza, a focega Ugia Pedreira, natural de Vilaronte, mostrou o seu agradecemento revelando ademais unha parte da intrahistoria da canción, xestada na serra da Gañidoira… de onde procede a familia de Sabela.

RESTO DE FINALISTAS

Natalia escolleu ‘Never enough”, Loren Allred (The Greatest Showman); Famous“And I am telling you I’m not going”,de Jennifer Hudson; Alba“Creep”, de Radiohead (v. Scott Bradlee’s PJ); e Julia, ‘Déjame ser”, de Manuel Carrasco.

Os cinco interpretarán ‘The edge of glory’, de Lady Gaga.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...