InicioOccidentalViveiroO Proxecto Ríos levará adiante en Viveiro unha acción de limpeza no...

O Proxecto Ríos levará adiante en Viveiro unha acción de limpeza no Landro o vindeiro día 25 de setembro

Os voluntarios serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza. Recomendacións para as persoas voluntarias.

Publicada o

- Advertisement -

A XV Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrará este ano en 41 concellos de toda Galiza, e participarán máis de 60 entidades (asociacións, concellos, colectivos ecoloxistas, centros de ensino…). Algúns destes grupos xa participaron nas limpezas de anos pasados, tamén hai novas entidades que se sumaron por primeira vez a esta décimo quinta edición.

A limpeza será o 25 de setembro e mobilizará a numerosos voluntarios e voluntarias que se desprazarán aos ríos destes 41 concellos para deixalos libres de lixo, nunha xornada de voluntariado ambiental e concienciación social.

En Viveiro realizará a coordinación da limpeza do Río Landro a Asociación PRATO_DO. Será na rampla detrás do Hotel Urban e o horario será de 11 a 13:30. As inscricións iniciativapratodo@gmail.com ou no teléfono 617 461 723.

Os voluntarios serán agasallados cunhas camisolas co lema da limpeza. Recomendacións para as persoas voluntarias. Para o día da limpeza lembrar que os materias precisos ou recomendables son:

-Luvas (mellor que cada voluntario/a traia as súas da casa).

-Pinchos (paus cun pincho na punta para coller lixo).

-Botas de auga (polo menos algunha persoa con elas).

-Bolsas grandes ou sacos para recoller o lixo (en cada grupo de 10 tres ou catro persoas con bolsa).

O Proxecto Ríos é un programa de Educación e Voluntariado Ambiental que ten a finalidade de dar a coñecer o importante papel dos cursos fluviais, amosar as súas problemáticas así como fomentar iniciativas que permitan á cidadanía o mantemento e a mellora dos ríos proporcionando as ferramentas que garantan a súa participación. A Asociación PRATO_DO traballa como axencia de innovación sostible.

Entidade sen ánimo de lucro que ten por obxecto mellorar a calidade de vida das persoas promovendo a participación da cidadanía a través do desenvolvemento sostible definido nos #ODS da #Axenda2030. Creando accións de cambio por unha vida mellor para as vindeiras xeracións en ámbitos como #investigacion #educacion #emprendemento #voluntariado #turismo.

E no ámbito do voluntariado ambiental realiza actividades tanto para entidades públicas como empresas privadas, sendo parte da rede de Voluntariado Galego da Xunta de Galicia. O curso 2021-2022 foi a encargada de coordinar a limpeza da praia de Covas entre varios centros educativos. Neste curso 2022-2023 continuará coa limpeza de ríos entre a comunidade educativa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...