InicioOccidentalCervoO cervense Santi González representará a España no Campionato do Mundo de...

O cervense Santi González representará a España no Campionato do Mundo de Tiro con Arco en EEUU.

Por outra parte, a administración local súmase ao manifesto pola pesca, o marisqueo e a cadea mar-industria europeas. A veciñanza poderá asinar o documento na Casa Consistorial e na Casa da Cultura.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo apoia ao arqueiro Santi Gozález Villares que logrou, logo dunha tempada vertixinosa, ser seleccionado para representar a España no Campionato do Mundo de Tiro con Arco en Campo que se celebrará do 3 ao 9 de outubro en Yankton (USA).

O arqueiro, integrante do club Iadovi, competirá, xunto con outros dous compañeiros, na modalidade de Arco Nu, tal e como lle anunciaron desde a Comisión de Alta Competición da RFETA, tralos resultados do clasificatorio final celebrado os días 27 e 28 de agosto en Salamanca. A delegación española estará formada por unha vintena de deportistas que competirán nas distintas modalidades.

O delegado de Deportes, David Rodríguez, e a tenente-alcalde, Dolores García Caramés, recibiron ao arqueiro para desexarlle sorte nesta fazaña e comprometeron todo o apoio da administración local que sufragará os custes da súa participación “nunha competición de alcance internacional que sitúa a Cervo como epicentro desta disciplina a nivel estatal”

Rodríguez quixo darlle os parabéns “pola incrible tempada que vén de realizar, cuxo colofón é poder competir coa selección española no campionato do Mundo e animouno a desfrutar dunha experiencia única “que moi poucos deportistas conseguen facer realidade”.

O arqueiro Santi González Villares é integrante do club Iadovi desde hai catro anos, cando comezou a practicar este deporte.

APOIO DE CERVO AO SECTOR DA PESCA

A administración local súmase ao manifesto pola pesca, o marisqueo e a cadea mar-industria europeas, en contra de medidas como a prohibición de pesca de fondo en 87 áreas de augas comunitarias que entraría en vigor o 9 de outubro e que sería un auténtico lastre para o sector

A veciñanza pode sumarse ao manifesto que estará á súa disposición para asinar na Casa do Concello (en rexistro, en horario de 8:00 a 15:00 horas) e na Casa da Cultura (en horario de 9:00 a 14:30 horas)

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...