A Casa da Cultura do Vicedo celebrará o venres 30 de setembro ás 20h a presentación do libro “Mar Gremial das Rías de Viveiro e do Barqueiro”, escrito por Vicente Míguez. e contará coa presencia, ademais do propio autor, do alcalde do Vicedo, José Jesús Novo Martínez, e do cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal. Tamén asistirá Pablo Mosquera, presidente da Asociación Aventados.
Tamén se fala no libro das modalidades pesqueiras (as costeiras, zonas, etc…), a historia dos pósitos da zona e un capítulo dedicado á galerna de 1961. Na parte final do libro aparece un glosario co vocabulario mariñeiro destas rías e uns anexos con listados das embarcacións, dimensións, tonelaxes e tamén listados das mariscadoras e traballadoras do mar, salgadoras, conserveirsa, redeiras, etc..