InicioOccidentalViveiroA recollida de sinaturas contra o veto da UE permanecerá no Concello...

A recollida de sinaturas contra o veto da UE permanecerá no Concello de Viveiro até o 7 de outubro

“O sector pesqueiro español e do resto de países afectados están en serio perigo, e o concello apoia todas as reivindicacións do Porto de Celeiro; o goberno central e a Xunta deben presionar para esixir un cambio de postura inmediato en Bruxelas”, sostén María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro manterá ata o venres 7 de outubro a recollida de sinaturas na entrada da casa consistorial en apoio á frota de fondo.

O concello quere manifestar o seu total apoio ao Porto de Celeiro e pide aos veciños e veciñas que asinen o ‘Manifesto pola pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas’.

Ademais, a proposta da alcaldía, o Concello de Viveiro levará ao pleno municipal do 4 de outubro unha moción en apoio do Porto de Celeiro e en contra da nova regulación prevista para a pesca de fondo por parte da Comisión Europa.

“O sector pesqueiro español e do resto de países afectados están en serio perigo, e o concello apoia todas as reivindicacións do Porto de Celeiro; o goberno central e a Xunta deben presionar para esixir un cambio de postura inmediato en Bruxelas”, sostén María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

“Viveiro é sinónimo de pesca, así como outros concellos da Mariña. Todos debemos estar xuntos na defensa do sector, desde o concello tomaremos e impulsaremos todas aquelas medidas que sexan necesarias, non podemos permanecer calados ante un grave ataque como este”, engade a alcaldesa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...