InicioCentralBurelaA UMAR estará no centro de Saúde de Burela para reclamar que...

A UMAR estará no centro de Saúde de Burela para reclamar que se cubra o servizo de pediatría

A Plataforma sanitaria da Mariña desplazará o seu dispositivo móbil de axuda coas reclamacións(UMAR) sinala que en Burela quedou unha soa pediatra para atender unhas mil cincocentas nenas e nenos da vila.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma sanitaria da Mariña desplazará o seu dispositivo móbil de axuda coas reclamacións (UMAR) ao centro de saúde de Burela o vindeiro martes 4 de outubro, no seu horario habitual, de 11 a 13 horas. Redactaranse reclamacións colectivas en demanda dun servizo de pediatría ao completo para reforzar a única pediatra que hai .

O centro de saúde de Burela estaba dotado con dúas profesionais de pediatría, mais coa marcha dunha delas a outro destino, quedou unha soa profesional para atender unhas mil cincocentas nenas e nenos que viven na vila. Isto levou a un aumento da sobrecarga de traballo durante estes días pola ausencia da pediatra que atende os concellos de Xove e Cervo.

Segundo a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, non se pode garantir unha asistencia pediátrica de calidade, malia os esforzos que está a realizar a profesional. Segundo comenta Montse Porteiro, a coordinadora do colectivo ,“o lóxico malestar das familias pola situación xa derivou en reclamacións das mesmas, polo que esta plataforma quere porse a disposición da veciñanza de Burela para denunciar publicamente esta problemática”.

FALTA DE PEDIATRAS

A Plataforma tamén sinala que algunhas familias os informaron de que a falta de pediatras está a afectar tamén a Barreiros, Lourenzá e Mondoñedo desde que a titular de pediatría accedeu a outro destino por un proceso de traslados.

Deste xeito “non se están a facer as revisións periódicas dos neonatos nin tampouco noutras idades“, situación que este colectivo cualifica como gravísima, “posto que son os pediatras os que teñen que atender ás crianzas, non os médicos de familia, que por outra banda están tamén en claro déficit”.

SALVAR A ATENCIÓN PRIMARIA

A Plataforma Sanitaria da Mariña levará a cabo unha recollida de sinaturas en apoio da ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria. Esta iniciativa parlamentaria precisa da recollida dun mínimo de dez mil sinaturas para poder ser debatidas no Parlamento.

Desde este colectivo animan tamén a asinar esta iniciativa que pretende dotar de persoal e medios a Atención Primaria. As e os activistas sanitarios conclúen manifestando que “ a falta de pediatras é unha cuestión moi grave e que non só afecta ás familias con crianzas, senón tamén a toda a comarca, posto que é un indicativo máis da precaria situación pola que está a pasar a sanidade pública e a atención primaria; por iso tamén todas as persoas da Mariña deberiamos asinar esta ILP en defensa da Atención Primaria”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...