InicioOccidentalViveiroViveiro achegará 15.000 euros a ASPANANE mediante a sinatura dun convenio

Viveiro achegará 15.000 euros a ASPANANE mediante a sinatura dun convenio

Este diñeiro irá destinado a actvidades da asociación e súmase a outros convenios entre ASPANANE, Concello e Deputación de Lugo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro asinou un convenio de colaboración con Aspanane (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Viveiro), a través do cal achega 15.000 euros para as súas actividades.

Na sinatura do convenio participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Muller e Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega; a presidenta de Aspanane, María Dolores Fernández Perez, e Sonia Corral, directora en funcións de Aspanane.

“O compromiso do Concello de Viveiro coa directiva e a xerencia de Aspanane é absoluto, polo gran traballo que realizan e o seu esforzo diario”, sostén María Loureiro.

Este convenio únese a outras actuacións recentes, como a sinatura dun convenio de colaboración para a pavimentación e drenaxe dos exteriores do Centro Ocupacional de Aspanane.

Estas obras teñen un orzamento de preto de 50.000 euros, dos que a Deputación achega 44.242 euros, correspondendo o resto ao concello.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...