InicioOccidentalViveiroViveiro será a primeira parada do obradoiro de seguridade viaria e prevención...

Viveiro será a primeira parada do obradoiro de seguridade viaria e prevención do dano cerebral adquirido

Os obradoiros están dirixidos a persoas de máis de 50 anos e, aínda que a asistencia é libre e de balde, é preciso inscribirse previamente.

Publicada o

- Advertisement -

A información sobre o dano cerebral adquirido chega a Viveiro pola man da colaboración entre Afundación e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia. Os traumatismos cranioencefálicos por accidentes de tráfico son a segunda causa do dano cerebral adquirido.

Así, FEGADACE presenta un proxecto de colaboración cos Espazos +60 de Afundación en forma de ciclo de obradoiros de seguridade viaria e prevención do dano cerebral adquirido. A sesión informativa de Viveiro vai ter lugar este venres, día 7 de outubro, a partir das 17:30, no Espazo +60 de Viveiro (Avenida da Mariña, 49).

Esta serie de sesións informativas organízase en outubro, mes do dano cerebral, co obxectivo de reforzar a prevención dos accidentes de tráfico entre a poboación maior, estendendo a concienciación sobre a dimensión do dano cerebral como consecuencia dos mesmos.

Os obradoiros están dirixidos a persoas de máis de 50 anos e, aínda que a asistencia é libre e de balde, é preciso inscribirse previamente da seguinte maneira:

As persoas socias dos Espazos +60 poden anotarse no seu local de referencia.

As persoas que non son socias poden:

a) Cubrir este formulario de inscrición.

b) Chamar ao 881 943 148.

O ciclo vai ocupar todo o mes con ata 11 sesións informativas en todas as vilas e cidades nas que Afundación dispón de Espazo +60; a relación completa é a seguinte:

Viveiro (07/10/2022 | 17.30 h.)

Vigo (13/10/2022 | 18.00 h.)

Ferrol (17/10/2022 | 18.00 h.)

Pontevedra (18/10/2022 | 18.00 h.)

Lugo (19/10/2022 | 18.30 h.)

A Coruña (20/10/2022 | 19.00 h.)

Ourense (21/10/2022 | 17.30 h.)

Pontedeume (24/10/2022 | 18.00 h.)

Betanzos (25/10/2022 | 17.00 h.)

Monforte (26/10/2022 | 18.00 h.) – Día do Dano Cerebral

Santiago (27/10/2022 | 18.30 h.)

Esta acción de sensibilización forma parte do programa de conmemoracións de FEGADACE con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral. Trátase dunha xornada de vital importancia para o movemento asociativo, na que incrementamos o esforzo por dar a coñecer a situación do colectivo e por concienciar á poboación sobre a prevención do dano cerebral.

Ademais da colaboración con Afundación, FEGADACE dispón do financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...