A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña enviou un comunicado onde declara o seu apoio ao sector pesqueiro da comarca diante de inminente entrada en vigor da decisión da Comisión Europea. Dito veto suporía frear a toda a pesca de fondo en 87 áreas da costa do Estado español, Portugal , Francia e Irlanda, expulsando dos caladoiros tradicionais a preto dun milleiro de barcos , dos cales uns 200 son pesqueiros galegos cun cincuenta por cento deles con orixen na Mariña.
A Plataforma lembra que a frota galega cumpre escrupulosamente todas as normativas ás que está suxeita, malia ser un sector enormemente castigado polas directrices europeas , que relega á frota galega e mariñá a faenar nunhas condicións de clara desventaxa respecto a outros lugares da Unión Europea. A maiores, esta decisión de Europa de vetar a pesca de fondo aos nosos barcos sería un ataque máis a unha comarca azotada polo desmantelamento da súa industria , o abandono no que sumiron á gandeiría e ao sector agrícola os responsables políticos e o “desguace” que a nosa sanidade pública está a sufrir, agravada polo golpe mortal que produciu supresión da área sanitaria da Mariña.
Ademais declaran que “non podemos esquecer que este novo golpe para a comarca significaría a perda de preto dun milleiro de postos de traballo directos e da industria relacionada , cifra que nos colocaría á altura dos postos de traballo do sector do aluminio”.