InicioCentralLourenzáLourenzá selecciona os nove grupos que participarán do IV Certame de Teatro...

Lourenzá selecciona os nove grupos que participarán do IV Certame de Teatro Amador do Concello

O premio á mellor representación está dotado con 750 euros e trofeo. Tamén haberá trofeos para os mellores actor e actriz, actores e actrices de reparto, posta en escena e un premio especial do público asistente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Lourenzá dá a coñecer os nove grupos que participarán no IV Certame de Teatro Afeccionado, que se celebrará no mes de novembro no novo local multiusos Ponte de Cuñas.

As obras e grupos seleccionados son:
A morte morrida, de O Centiño, de San Martiño de Foz
A liorta, de Avelaíña Teatro, de Pontevedra
Pepa Loba, de Teatro Coles, de Coles (Ourense)
Fatum, de Catre Teatro, de As Pontes (A Coruña)
Sainetes, de Quemaistén, de As Pontes (A Coruña)
Eres único, da Asociación Saúde Mental A Mariña, de Cervo
E se todo se reducise ao amor, de Os Palimoquiños, de Lugo
Vivan os noivos, de Adala Teatro, de Fazouro (Foz)
O documento, de Ollomao, de Barreiros

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que o 17 de decembro terá lugar a gala de entrega de premios, onde o Grupo de Teatro Baixo da Area, de Lugo, representará a obra Poeta en Nova York.

O premio á mellor representación está dotado con 750 euros e trofeo. Tamén haberá trofeos para os mellores actor e actriz, actores e actrices de reparto, posta en escena e un premio especial do público asistente. Todos os grupos participantes recibirán unha axuda económica de 300 euros, en concepto de gastos de desprazamento, material, etcétera.

Tanto as representacións das obras presentadas a concurso como a gala de entrega de premios terán lugar no novo local multiusos Ponte de Cuñas e as entradas terán un prezo simbólico de 3 euros, agás a gala final, que será de balde.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...