InicioCentralBurelaBurela destina máis de 30.000 euros para o fomento do deporte en...

Burela destina máis de 30.000 euros para o fomento do deporte en subvencións

Esta inxección económica para o fomento do deporte local é “unha clara aposta por axudar aos clubes de todas as disciplinas".

Publicada o

- Advertisement -

A Delegación de Deportes do Concello de Burela informou esta mañá tras a Comisión de Deportes da partida de 33.900 euros que se destinará a sete clubs deportivos a través das subvencións de concorrencia competitiva.

A Comisión, integrada polo grupo de goberno e os dous grupos da oposición, deu conta das axudas que se adxudicarán ás entidades en base a criterios obxectivos e técnicos, tales como os méritos deportivos, o número de nenas e nenos que teñen nas Escolas Deportivas, o fomento da igualdade ou a colaboración na realización de eventos en Burela, indicadores que foron consensuados no seu día cos clubes.

En concreto, o Club de Padel recibirá 1224,32 euros; Veteranos SDB 1530,40 euros; Club Tenis A Marosa 1836,48 euros; Club Baloncesto Burela 8034,60 euros; Sociedade Deportiva Porto Burela 4591,20 euros; Sociedade Deportiva Burela 4973,80 euros; e o Club Deportivo Burela FS 11707,56 euros.

O edil de Deportes, Ramiro Fernández, puxo de manifesto “o incremento gradual de case un 60% desta partida nos últimos sete anos, pasado de destinar 13.100 euros aos 33.990 euros actuais”. Así mesmo, destacou “a puntuación obxectiva que se outorga aos clubes grazas aos criterios acordados cos mesmos, fuxindo de criterios políticos ou subxectivos e actuando con total transparencia, contando tamén coa participación dos grupos da oposición”.

Esta inxección económica para o fomento do deporte local é “unha clara aposta por axudar aos clubes de todas as disciplinas”, unha colaboración que se suma “a todas as que achegamos ao longo do ano na realización de eventos, no funcionamento diario dos propios clubes e nas inversións que estamos a facer para a mellora das instalacións deportivas”, concluíu Fernández.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...