A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a dous anos de cárcere como autor dun delito de lesións a un home de 40 anos, E. P. R., que agrediu a súa parella en Burela.
A considera probado que o agresor, tras preguntarlle á muller se estaba falando con outro home polo teléfono móbil, propinoulle dous puñazos e meteu á muller nunha habitación, cerrando a porta logo de dicirlle que a ía matar.
A vítima acabou por abrir a porta do balcón e colgouse del para pedir axuda. Un viandante accedeu ao domicilio familiar e conseguiu que volvese entrar cara o interior.
A acusación pedía oito anos de prisión ao entender que se producira “unha detención ilegal”, petición que foi denegada xa que a habitación carecía de fechadura.
ORDE DE AFASTAMENTO
O tribunal establece tamén para o agresor a prohibición de comunicarse e aproximarse a menos de 300 metros da vítima durante tres anos, así como o pago dunha indemnización de 523 euros ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) polos gastos que lle ocasionou a atención que lle prestou á vítima.