InicioM.ambiente e PatrimonioCervo inicia unha limpeza preventiva dos leitos dos ríos

Cervo inicia unha limpeza preventiva dos leitos dos ríos

Retirou masa forestal na contorna do Xunco, o que repetirá en todos os caudais

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Cervo iniciou este venres unha limpeza dos leitos dos ríos do municipio, como medida “preventiva” de cara a unha época do ano nos que os episodios de chuvia e o vento son máis frecuentes.

Os técnicos municipais detectarán árbores, ramas caídas e maleza que podan obstruír o tránsito da auga para retiralos e minimizar riscos.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, visitou as actuacións acompañado da edil de medio ambiente, Mali Méndez.

SARGADELOS

Os traballos de retirada de masa forestal comezaron na contorna do río Xunco ao seu paso por Sargadelos e repetiranse nos caudais e regos que flúen polo municipio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...