IniciosociedadeViveiro e Xove pensan nos máis pequenos nas súas programacións de Nadal

Viveiro e Xove pensan nos máis pequenos nas súas programacións de Nadal

Os Xardíns Noriega Varela acollerán un espazo de ocio infantil que se inaugurará o vindeiro 21 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

O Nadal chega coa axenda de repleta de actividades, boa parte delas pensadas para os máis pequenos disfruten do tempo de lecer nas máis de dúas semanas de vacacións que se aveciñan.

Viveiro, que inaugurou o tradicional belén ‘Viveiro ante o berce‘ o día 7, contará este ano cun espazo de ocio infantil, DiverNadal, que se instalará baixo unha carpa nos Xardíns Noriega Varela.

Un carrusel, un tren e unha colchoneta entreterán aos cativos do 21 de decembro ao 7 de xaneiro, en horario de tarde.

Programación de Viveiro. AXM

Ademais, o día 21 abrirá no Salón Multiusos do Concello o mercado de Nadal, que este ano celebra a cuarta edición.

A visita de Papa Noel á Praza Maior e a Cabalgata de Reis son as citas máis tradicionais dunha ampla programación, que inclúe actuacións e espectáculos dirixidos a todo tipo de públicos.

O 4 de xaneiro, o cantante viveirense Joni Ramos, o poeta César Brandon e o mago Shado, todos ex concursantes de Got Talent -Brandon foi o gañador da terceira edición do concurso-, actuarán no teatro Pastor Díaz.

XOVE

O Concello de Xove tamén adereza o Nadal con máis de quince espectáculos, concertos, proxeccións audiovisuais e certames organizados coa colaboración da veciñanza e do asociacionismo local.

A inauguración oficial do calendario navideño farase o venres 21 cunha madrugadora visita de Papa Noel e unha chocolatada na praza da localidade.

O 22, o espectáculo Planetario Ciencia Kids-Fulldome Space, organizado e patrocinado pola Deputación de Lugo, estará no salón de actos do centro cívico en horario de 10.30 a 13.30 horas.

Presentación dos actos en Xove, co alcalde, Demetrio Salgueiro, e a edil de cultura Dolores Meitín.

Do 26 ao 28 de decembro, a ANPA Pedro Caselles Rollán organiza a semana “Lecer Blanco” con obradoiros de cociña, manualidades, música e xogos para os máis pequenos. Cómpre reservar praza para participar nas actividades.

A Orquestra Clásica de Xove dará o gran concerto de Nadal o día 28 no Centro Cívico.Os grupos de teatro da Fundación Eu Son de Burela e Aspanane de Viveiro actuarán no mesmo escenario os días 2 e 3 de xaneiro.

A Cabalgata Especial de Reis será unha das últimas citas do Nadal. Os preparativos están xa en marcha: as nenas e nenos que queiran acompañar aos magos de Oriente como pastores teñen que solicitalo antes do 28 de decembro.

Podes consultar neste enlace as actividades programadas. PROGRAMA DE NADAL DO CONCELLO DE XOVE

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...