InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo participa no X Congreso Internacional de Centros Históricos comerciais

ACISA Ribadeo participa no X Congreso Internacional de Centros Históricos comerciais

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “puiden explicar en que consiste a nosa función, os nosos obxectivos, cales son os servizos que ofrecemos e o traballo desenvolvido".

Publicada o

 Acisa Ribadeo, membro da COCAHI (Confederación de Centros históricos de España), estivo presente co seu xerente, Jesús Pérez Prada, no X Congreso Internacional de Centros históricos Comerciais, que se celebrou en Santiago de Compostela do 19 ao 21 de outubro.
 Jesús Pérez, ademais de asistir ao congreso en representación de Acisa, participou como relatora nunha mesa redonda baixo o nome dos Premios Nacionais de Comercio, tras recibir o Accésit do Premio Nacional de Comercio 2021, galardón entregado á unidade gerencial polo traballo realizado.
O xerente de Acisa sinalou que “puiden explicar en que consiste a nosa función, os nosos obxectivos, cales son os servizos que ofrecemos e o traballo desenvolvido. A acollida foi moi boa, sorprendeu moito entre os asistentes que un pobo como Ribadeo conte cunha asociación de comerciantes que realice o seu labor como unha gran capital de calquera provincia española”.
Pérez Prada engadiu: “puidemos falar dos esforzos que Acisa fai para entregar materiais gratuítos, para realizar campañas como a de Nadal, para dar novos servizos e plataformas de dixitalización e promoción”.
O xerente de Acisa contou que “puidemos coñecer o que fan outros compañeiros e vimos iniciativas moi interesantes para tentar poñer en marcha en Ribadeo, como poden ser os BID ou outras formas de mellorar o noso financiamento para que repercuta directamente na actividade empresarial, dando novos servizos”.
Pérez Prada fai un balance moi positivo do paso de Acisa Ribadeo polo X Congreso Internacional de Centros históricos: “creo que para Acisa poder estar presente nun evento desta magnitude onde puido mostrar o seu labor é moi importante, xa que se valorou o noso traballo. Queremos darlle as grazas á COCAHI por contar connosco neste congreso”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...