InicioCulturaA coreógrafa Sol Picó presentará o seu espectáculo "Malditas Plumas" en Ribadeo...

A coreógrafa Sol Picó presentará o seu espectáculo “Malditas Plumas” en Ribadeo o sábado 29 de outubro

Sol Picó Monllor naceu en Alcoi en 1967. Estudou danza española, clásica e contemporánea e nas súas producións combina diferentes técnicas e linguaxes.

Publicada o

- Advertisement -

A premiada bailarina, coreógrafa e actriz Sol Picó presenta o seu espectáculo Malditas Plumas en Ribadeo este sábado, 29 de outubro, ás 20:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval. Será o estreo en Galicia dentro da xira por España que está facendo con esta montaxe, na que combina teatro e danza. Estreouse en Castellón en outubro de 2020 e por ela Sol Picó recibiu un premio da Crítica de las Artes Escénicas neste ano 2022.

As entradas xa están á venda na web de Game Over Productions (www.gameoverpro.es) e tamén poderán comprarse na taquilla do auditorio municipal ribadense desde unha hora antes da función. O prezo é de 17 euros (IVE incluído).

Sol Picó Monllor naceu en Alcoi en 1967. Estudou danza española, clásica e contemporánea e nas súas producións combina diferentes técnicas e linguaxes. En 1993 creou a Compañía Sol Picó, coa que se converteu nunha das coreógrafas e bailarinas máis heterodoxas da escena contemporánea española. Durante a súa extensa traxectoria foi galardoada con numerosos recoñecementos, entre eles 10 premios Max, o premio de Danza de Cataluña, o premio Ciudad de Barcelona de Danza e o Premio Nacional de Danza.

As súas xiras tamén saíron fóra de España en varias ocasións, o que a levou a actuar en países como Taiwan, Suecia, China, Irlanda, Bélxica, Filipinas, Reino Unido, Grecia, Ecuador, USA, Corea, Chile, Arxentina, Francia, Italia, Alemaña, México, Canadá, Uruguai, Holanda, Serbia, Croacia ou Portugal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...