A actriz Belinda Washington presentará este vindeiro venres 28 de Outubro ás 11:00h no hotel Urban de Viveiro “As Viaxes de Belinda”. É un proxecto persoal da actriz para gozar e descubrir todos os segredos da Mariña Lucense, da man de catro actores convidados.
Belinda Washington coñeceu hai máis de vinte anos a Mariña Lucense. “Unha zona para algúns descoñecida cun clima tranquilo e unha contorna bucólica” que lle lembra a súa Escocia natal.
Para a actriz, A Mariña é “unha comarca chea de tranquilidade, xente marabillosa e unha espectacular gastronomía. Un lugar para reconectar coa natureza e cun mesmo”. Desde ese momento busa atraer cada vez máis persoas coñezan a comarca dentro das “Viaxes de Belinda”.
Esta iniciativa naceu hai 8 anos e agora faise realidade grazas ao apoio de diferentes empresas e varios concellos da zona. O obxectivo é potenciar o turismo da zona e respectando a contorna e o seu actractivo.
Nesta edición o proxecto de Belinda conta co apoio da Xunta de Galicia. Para a terceira edición desta aventura, Belinda contará con catro caras coñecidas como: Pablo Chiapella, actor de series como “La que se avecina”, “Muchachada Nui” ou “El paisano”. Manel Fuentes presentador de diferentes formatos entre os que podemos destacar “Tu cara me suena”, “Caiga quién caiga” ou “La Noche… con Fuentes y
Cía”. Alba Rico de “Violetta”, “Un lugar donde ser feliz” ou “Lope Enamorado”. Alicia Rueda, deseñadora de moda vasca con gran proxección internacional.
Cía”. Alba Rico de “Violetta”, “Un lugar donde ser feliz” ou “Lope Enamorado”. Alicia Rueda, deseñadora de moda vasca con gran proxección internacional.
A viaxe contará con varias actividades, visitas culturais, gastronómicas e lúdicas que pretenden repetirse periodicamente para que cada vez sexan máis os visitantes. A pretensión é que veñan visitantes que promovan un turismo de calidade, respectuoso co medio ambiente e que saiban apreciar este lugar e que mediante as súas redes sociais compartirán as súas vivencias cos seus seguidores.