InicioCentralMondoñedoXXV aniversario da Asociación Xuvenil Xoldra en Mondoñedo con actividades de balde

XXV aniversario da Asociación Xuvenil Xoldra en Mondoñedo con actividades de balde

Os concertos principias serán na Praza da Catedral de Mondoñedo dende o 4 ata o 6 de novembro. Tódalas actuacións son de balde e para tódalas idades.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación Xuvenil Xoldra de Mondoñedo presentou a Iª edición do BreaSon, unha programación que inclúe teatro, malabares, oferta gastronómica, concertos e magosto con foliada, entre outras. Os concertos principias serán na Praza da Catedral de Mondoñedo dende o 4 ata o 6 de novembro. Tódalas actuacións son de balde e para tódalas idades.

BreaSon así se chama o amplo plan de actividades de lecer, lúdicas e culturais realizado por esta asociación sen ánimo de lucro, para conmemorar o seu XXV aniversario.

“Queremos compartir con todas as nosas veciñas e veciños, amigas e amigos e con todas as persoas que nos visitan, que estamos de aniversario. Cumprimos nada máis e nada menos que 25 anos, os rapaces e rapazas que formamos parte de Xoldra medramos todos xuntos nesta asociación colaborando nun montón de actos da nosa cidade. O carnaval, o mercado medieval, as San Lucas, a carreira de fin de ano, os magostos, e participando sempre moi activamente en toda a programación cultural da nosa vila. E agora queremos devolver este agradecemento a todos cantos nos axudaron neste camiño, facéndoos tamén participes da nosa historia e por supostos da nosa celebración”, explican dende a asociación xuvenil.

“Por iso creamos O BreaSon. Serán 3 dias de actividades cheos de moita cultura, con música alternativa, teatro, malabares, magosto, cata de viño e incluso soarán as campás da Catedral. Todos formamos parte desta historia e queremos que as campás resoen tamén, e sexan testemuña deste XXV aniversario”, sinalan.

“Quedades todas e todos convidados a este pequeno festival que organizamos con moito cariño e no que levamos argallando dende fai moito tempo. A cultura, a música ou o teatro son sinais de identidade da nosa Asociación, por iso queremos que estean moi presentes na nosa programación, e por suposto que poidades desfrutar dela”, explican dende Xoldra.

AGRADECEMENTOS

“Tamén queremos aproveitar esta ocasión para dar as gracias a tóldalas institucións e organismos públicos que colaboraron e seguen colaborando a día de hoxe con nós nos para sacar adiante os nosos proxectos. Gracias por escoitarnos, deixarnos crear e seguir medrando”.

Concretamente ao Concello de Mondoñedo, a Deputación de Lugo a través da área de Cultura, a Xunta e a entidades privadas como Abanca, e os bares de Mondoñedo O Porriño, O Palique, a asociación cultural o Pasatempo. Así como a tódalas persoas que colaboran con nós de xeito desinteresado.

PROGRAMACIÓN

A programación de BreaSon celebrase dende o 4 ata o 6 de novembro. As actuacións son para tódolos públicos e de balde. O venres día de 4 de novembro haberá teatro no Auditorio ás 19:00 horas, coa obra “A vida tola de Pajarito”, un espectáculo de Novo Circo da compañía Pistacatro. Ás 20:00 horas neste mesmo recinto actuará Cé Orquestra Pantasma un clásico da programación cultural das festas de Galicia. E remata a xornada co músico, guitarrista e compositor Viti Gutier no Porriño.

O sábado día de 5 de novembro é o día principal e con máis actuacións. A xornada comeza ás 12 da mañá coa exhibición de malabares de Kote Malabar. Ás 12:30 haberá cata de viños e ás 18:00 horas magosto que organiza a Asociación O Pasatempo con castañas, viño e chocolate de balde.

A partir das 21:30 a Praza da Catedral de Mondoñedo será o escenario das actuacións de High Paw, ás 23:00 será Lisdexia, ás 00:30 será o turno de The Rapants e a partir das 02:00 Banana Joe. Tamén haberá afteparty no Casino ás 03:00.

O domingo día 6 de novembro ás 13:00 horas comezarán a tocar as campás de Catedral para conmemorar a súa declaración como manifestación representativa do patrimonio cultural inmaterial. E para dar peche ao BreaSon, ás 19:00 horas disfrutaremos no Auditorio da obra O terapeuta, da Asociación Pico do Castro de Foz. E así pecharemos o telón desta I edición do festival.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...