InicioCentralFozComezan os traballos para recuperar as dunas da Pampillosa na parroquia focense...

Comezan os traballos para recuperar as dunas da Pampillosa na parroquia focense de Fazouro

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “a actuación céntrase na rexeneración da área recreativa da Pampillosa, en Fazouro, na que xa estivemos a traballar con medios municipais cando chegamos ao goberno".

Publicada o

- Advertisement -

A petición do Concello de Foz, a Dirección Xeral de Costas, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, iniciou os traballos de recuperación do sistema dunar da Praia da Pampillosa, en Fazouro, con cargo ao contrato de Conservación e Mantemento do Litoral 2022.

As obras proxectadas inclúen a demolición dos pavimentos de formigón e pasarelas de madeira que están deterioradas e inoperativas, a colocación dunha nova pasarela de madeira para conectar o acceso á praia cos baños e coa senda xa existente, a recuperación da zona demolida coa plantación de especies dunares e a rehabilitación do camiño existente e zona de estacionamentos con areón e especies herbáceas.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “a actuación céntrase na rexeneración da área recreativa da Pampillosa, en Fazouro, na que xa estivemos a traballar con medios municipais cando chegamos ao goberno. Desta volta é unha actuación máis ambiciosa, complementaria ao gran proxecto de paseo marítimo entre a propia praia da Pampillosa e a de Peizás, en Forxán, xa adxudicado e tamén financiado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica. Estamos a traballar e a colaborar con todas as administracións para mellorar as infraestruturas e as zonas de lecer en todo o concello, desta volta cunha nova actuación en Fazouro”.

O rexedor municipal recorda que en anteriores exercicios e a cargo dos contratos de Conservación e Mantemento do Litoral da Dirección Xeral de Costas acondicionouse e recuperouse para as veciñas e veciños a península da Tamaniña, no paseo marítimo entre as praias da Rapadoira e Llas, e que agora se transformou “nun auténtico referente e unha atalaia excepcional sobre o Cantábrico”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...