InicioOrientalRibadeoRibadeo inicia a construción de tres novas pistas de petanca que conta...

Ribadeo inicia a construción de tres novas pistas de petanca que conta ter finalizadas nun mes

O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, explicou que “deron comezo os traballos de construción de tres pistas de petanca na rúa Dionsio Gamallo Fierros, a carón da oficina de turismo de Ribadeo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo comezou os traballos de construción de tres pistas de petanca na rúa Dionisio Gamallo Fierros. O investimento ascende a 14.500 euros e o prazo de execución será dun mes.

O concelleiro de Economía, Pablo Vizoso, explicou que “deron comezo os traballos de construción de tres pistas de petanca na rúa Dionsio Gamallo Fierros, a carón da oficina de turismo de Ribadeo”.

O edil ribadense subliñou que “debido á grande demanda existente por parte da poboación decidimos desde o equipo de goberno ampliar a zona para a práctica deste deporte, que reúne a tantas persoas no parque de San Francisco a diario desde hai xa bastante tempo”.

Vizoso Galdo contou que “deste xeito dentro dun mes contaremos con tres novas pistas, que se unen á zona habilitada no seu día no parque. Esas tres pistas estarán separadas por taboleiros de madeira. O investimento ascenderá a 14.500 euros procedentes de fondos propios do Concello e o prazo de execución será dun mes”. Os traballos estaos a realizar a empresa Gestión Gratelu.

O alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Obras e Economía, Mónica Freire e Pablo Vizoso, supervisaron este mediodía o inicio destas obras xunto a varias das persoas que xogan á petanca en Ribadeo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...