InicioOccidentalViveiroPechados os primeiros acordos para a promoción de Viveiro no World Travel...

Pechados os primeiros acordos para a promoción de Viveiro no World Travel Market, a feira de turismo internacional

A concelleira de Turismo, Marisol Rey Yañez, sinalou “estamos moi felices de que acceden a facer esta presentación e agora estamos a traballar para poñerlle xa unha data”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro está presente entre hoxe e o mércores na maior feira turística do mundo: a World Travel Market que se celebra en Londres.

A concelleira de Turismo, Marisol Rey Yañez, xa comezou os primeiros contactos co obxectivo de amosar os recursos turísticos de Viveiro e do resto da comarca da Mariña, e entre os acordos pechados destaca o acadado coa Confraternidad de Saint James para levar a cabo unha presentación que promocione o Camiño do Mar e a Semana Santa de Viveiro, declarada de interese turístico internacional.

“Estamos moi felices de que acceden a facer esta presentación e agora estamos a traballar para poñerlle xa unha data”, comentou a concelleira dende a capital do Reino Unido.

A segunda reunión que mantivo Marisol Rey na primeira xornada desta 43ª edición do World Travel Market foi co secretario de Estado para o Turismo Fernando Valdés, co que traballará para impulsar o sector turístico en Viveiro.

A World Travel Market é, xunto con FITUR, unha das citas indispensables para o sector do turismo. Na presente edición conta con más 41.000 m2 de zona expositiva, 700 stands e 1.620 expositores que representan a oferta turística de 96 países e rexións, entre elas Francia, Italia, Grecia, Turquía, Portugal, Chipre, Marrocos, Malta, Croacia ou España.

A concelleira de Turismo Marisol Rey viaxou a Londres cunha axenda repleta de reunións tanto con turoperadores como con axencias de viaxes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...