InicioCentralMondoñedoMondoñedo presenta a súa ampla oferta na XXIII Feira Internacional de Turismo...

Mondoñedo presenta a súa ampla oferta na XXIII Feira Internacional de Turismo Gastronómico

Desde a Alcaldía destacan que a gastronomía “é un dos piares fundamentais para Mondoñedo pola súa famosa tarta, a calidade do pan e os produtos da horta, sen esquecer as carnes".

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Mondoñedo promociona estes días os seus produtos gastronómicos e a súa oferta turística na Feira Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. Será a vixésima terceira edición dun salón dedicado á gastronomía e ao turismo de Galicia no que se dan cita anualmente os mellores restauradores e empresas turísticas, un evento único para os profesionais do sector que se desenvolver ata o día 13 de novembro no Recinto Feiral de Ourense.

O Concello está promocionando os recursos do municipio, as súas festas e, sobre todo, os seus produtos gastronómicos. Desde a Alcaldía destacan que a gastronomía “é un dos piares fundamentais para Mondoñedo pola súa famosa tarta, a calidade do pan e os produtos da horta, sen esquecer as carnes”.

Por outra banda, “o noso municipio conta cunha variada oferta turística”. Entre os valores que posúe está a súa riqueza natural, con rutas de sendeirismo que permiten percorrer paraxes de gran beleza paisaxística; o seu patrimonio etnográfico; un amplo patrimonio arquitectónico e cultural do que o Camiño Norte do Camiño de Santiago é un claro exemplo, sendo unha parada obrigada a Catedral basílica da Virxe da Asunción de Mondoñedo.

XXIII FEIRA INTERNACIONAL DE TURISMO GASTRONÓMICO

Nesta edición os sectores representados na feira serán os destinos enogastronómicos, produtos agroalimentarios de calidade, festas históricas, denominacións de orixe, produtos gourmet, arte gastronómico, servizos para hostalería, viños e bebidas de calidade. Ademais, haberá conferencias, talleres e degustación de produtos típicos de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...