InicioEconomíaRibadeo e Trabada asinan o convenio subministrar auga a parroquias trabadesas desde...

Ribadeo e Trabada asinan o convenio subministrar auga a parroquias trabadesas desde a acometida ribadense

Previamente as dúas corporacións aprobaron por unanimidade cada unha levar adiante este convenio intermunicipal.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde ribadense, Fernando Suárez, e a alcaldesa de Trabada, Mayra García, asinaron esta mañá no Pazo de Ibáñez o convenio de colaboración para o subministro de auga a varias parroquias trabadenses a través da acometida municipal de Ribadeo.

O rexedor contou que “logo de telo aprobado nos respectivos plenos das Corporacións de Trabada e Ribadeo, e ademais por unanimidade, acabamos finalmente de proceder á sinatura dun importantísimo convenio de colaboración entre os dous Concellos no tocante ao subministro de auga a varias parroquias de Trabada a través da acometida municipal de Ribadeo, que capta a auga precisamente desde o Río Eo, no lugar de Vilarbetote”.

Suárez Barcia dixo que “con este acordo recíproco imos normalizar e afianzar os compromisos mutuos de boa veciñanza que redundan sempre na mellora dos servizos públicos para os veciños e veciñas de ambos os dous Concellos”.

O alcalde explicou que “con este convenio o Concello de Ribadeo adquire o compromiso de prestarlle un servizo integral de subministro, mantemento, control analítico, lectura de contadores e facturación, das parroquias do Concello de Trabada de Vilarbetote, Sante, A Rabexa, Pedrido, Pacios, San Martiño e Vilafernando, que se abastecen da traída de Ribadeo. E por outra banda, o Concello de Trabada comprométese á renovación das súas redes de distribución de auga”.

Fernando Suárez subliñou que “o obxectivo fundamental desta medida é a preservación dos recursos hídricos, sempre escasos, sobre todo no verán nesa zona e que segundo os estudios realizados presenta un elevado numero de fugas. En definitiva, o que se persegue é máis control, máis coordinación para aforrar recursos hídricos, e consecuentemente económicos, o que vai mellor a eficacia e a eficiencia neste servizo público de primeira necesidade”.

O rexedor indicou que “estes acordos agora asinados cobrarán efectividade no seguinte período concesional da auga que leve adiante en breve o Concello de Ribadeo, dado que o actual remata a principios de 2023. Desde o Concello xa levamos tempo traballando arreo cos servizos técnicos e xurídicos municipais para licitar este novo servizo de acordo co disposto na Lei de Contratos do Sector Público”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...