IniciosociedadeCamiñantes e Camiños realiza unha ruta entre o Cabo Ortegal e San...

Camiñantes e Camiños realiza unha ruta entre o Cabo Ortegal e San Andrés de Teixido

O presidente da Asociación Camiñantes e Camiños, José Manuel Gómez Puente, destacou a dureza do traxecto con desniveis moi pronunciados.

Publicada o

- Advertisement -

Setenta peregrinos realizaron a ruta entre Cabo Ortegal e San Andrés de Teixido o pasado sábado, 12 de novembro, que foi organizada pola asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros.

O seu presidente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “camiñamos 16 quilómetros dende Cabo Ortegal a San Andrés, foi unha ruta dura, xa que mesmo ao saír de Cabo Ortegal nos encontramos con ramplas dun 15% de desnivel”.

Gómez Puente destacou “as paisaxes verdes de pura natureza e sempre contemplando ante nosoutros os impresionantes acantilados de A Serra da Capelada, así como a Punta do Limo, que dan acubillo á mítica poboación de San Andrés de Teixido e ao seu lendario santuario. A altura máxima é representada por o alto de Vixía Herbeira con 613 metros de altura, converténdose nos acantilados máis altos da Europa Continental. Foi unha ruta que espertou en nos un clima alegre e solidario”.

O presidente de Camiñantes e Camiños engadiu que “acabamos cunha misa do cura párroco de San Andrés de Teixido, nacido na Mariña Lucense, no concello de Lourenzá. Transmitiunos que San Andrés é un lugar máxico, un lugar de peregrinacións, xa os celtas viñan a este lugar. Para rematar compartimos unha comida saborosa e nutritiva no restaurante Brisas de Valdoviño”.

José Manuel Gómez tivo palabras de agradecemento “para todos os que fixeron posible esta peregrinación: Empresa Dorado, restaurante As Brisas de Valdoviño, cura párroco de San Andrés, Antonio Rúa, e a todas e todos os participantes”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...