InicioCentralBurelaI Andaina Solidaria contra a violencia de xénero en Burela con ducias...

I Andaina Solidaria contra a violencia de xénero en Burela con ducias de participantes

As persoas que acudiron a esta cita colaboraron aportando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e recibiron unha camiseta conmemorativa.

Publicada o

- Advertisement -

Ducias de persoas participaron onte, domingo, en Burela na I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero.

Foi pola Concellería de Muller e Igualdade coa colaboración da asociación de sendeirismo Pasada das Cabras, que deseñou o trazado e guiou ao resto de participante, e do Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Burela, cuxos integrantes leron un manifesto antes da saída e dinamizaron a chegada con diversas actividades.

A I Andaina Solidaria contra a Violencia de Xénero celebrouse onte, 20 de novembro, desde as 10 da mañá. Os participantes realizaron un percorrido de algo máis de 8 quilómetros, con saída e chegada á Praza do Concello.

As persoas que acudiron a esta cita colaboraron aportando alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene e recibiron unha camiseta conmemorativa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...