InicioOrientalRibadeoNovos negocios abren as súas portas en Ribadeo dentro do sector da...

Novos negocios abren as súas portas en Ribadeo dentro do sector da hostalaría e ocio nocturno

Fernando Suárez Barcia dixo: “sirva polo tanto este caso como exemplo. Todo ben presentado, as obras necesarias feitas e as autorizacións outorgadas".

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo verá abrir unha discoteca e unha firma de comida rápida, segundo deu a coñecer esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor referiuse “a dúas actividades que están de actualidade nestes tempos aquí en Ribadeo. Por unha banda, unha discoteca que quería abrir hai un tempo. Pois ben, logo de ter cumprido todos os trámites e esixencias legais que o Concello lle indicou aos seus promotores, desde esta semana poden desenvolver a súa actividade cando o desexen. Queremos dicir isto porque ao principio, vimos que as cousas non se plantexaban ben e houbo que indicárllelo. Desde este Concello procuramos ser áxiles nos procedementos administrativos e así o demostramos cando as cousas se presentan correctamente. Cando non sen fan, veñen os problemas, os retrasos, etc. E nada máis lonxe da nosa intención”.

Suárez Barcia dixo: “sirva polo tanto este caso como exemplo. Todo ben presentado, as obras necesarias feitas e as autorizacións outorgadas. Unha boa nova para toda a nosa mocidade, que terá agora unha oferta máis variada de locais de lecer”.

O alcalde manifestou: “outro caso de actualidade é esta firma de comida rápida que quere abrir na Aveniva da Ría de Ribadeo. Desde que tivo outorgada a licenza de obra, os seus promotores estiveron executando as obras de construción a unha velocidade impresionante. Nesta mesma mañá foi presentada no Concello a última documentación necesaria para outorgar a autorización de actividade, polo que prevemos que nesta mesma semana poida abrir as súas portas”.

E engadiu: “en definitiva, Ribadeo é un lugar onde están moi claros os requirimentos técnicos e xurídicos para poder desenvolver cantas actividades económicas se desexen, sempre que estes criterios técnicos sexan cumpridos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...