Esta tarde, ás 18:30 horas, a presidenta de Mulleres en Igualdade Provincial Lugo-Cervo, Adelina Fernández, procedeu a descubrir un banco morado que quedará instalado na Prazoleta da Casa da Cultura, en memoria de todas as mulleres vítimas desta lacra, coa presencia da edil de Muller e Igualdade, Pilar Armada e da concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, e leu un manifesto,tamén se gardou un minuto de silencio.
A continuación, ás 19:00 horas, houbo teatro no auditorio a cargo da asociación Saúde Mental A Mariña e do grupo de teatro Ardora baixo o título “teatro contra el bulllyng: eres único” e do grupo de teatro Ardora “vítimas da desigualdade”.